A trenza dos feitos amargos

Sinopse

Teatro Aberto propúxolle á periodista canguesa Asun Bernárdez a escrita dun texto dramático que integrase algunhas escenas do seu libro Lola, filla de Cangas, inspirado nas gravacións dunha entrevista realizada por unha traballadora do Centro de Documentación de Historia Local de Cangas a Lola Rodal Blanco, muller de familia mariñeira e sindicalista que lembra cómo era a vida durante a súa infancia e xuventude. Esta testemuña está depositada actualmetne no Museo do Pobo galego.

Recibido o texto, Teatro Aberto foille dando forma ata compoñer unha obra de teatro documento. O espectáculo relata cronoloxicamente os feitos máis importantes que aconteceron en Cangas do Morrazo durante a Segunda República e o comenzo da Guerra Civil (1931-36).  En paralelo, o espectáculo vai ilustrando con fotografías e gravacións dalgúns dos acontecementos máis relevantes dese periodo a nivel nacional. A Trenza dos Feitos Amargos peitea a vida dunha familia humilde da Cangas mariñeira, mais os asasinatos, os mortos nas beirarrúas, a rapa de mulleres, son feitos que aconteceron en moitas vilas da nosa terra.


Fragmento

Quédanme moitas cousas que contarvos, pero non quero aflixirvos máis o corazón. Os anos foron pasando desde aqueles tempos de penuria. Os asasinatos foron minguando, mentres os mortos en vida seguiron crecendo durante corenta anos. Case cincuenta homos foron asasinados en Cangas. Raparon mulleres, negáronlle o traballo a moita xente, como a meu pai... fixeron o que quixeron. Mais despois de tantos anos, estou contenta, porque por fin, podo subir ao faiado e sacar fóra todos eses nomes escondidos. Puiden sacudir o medo ás palabras, e espallalas ao vento. Que escoite quen queira escoitar.

Non quero deixarvos unha testemuña amarga de inxustizas, se non a dunha xente que pensaba que podemos entre todos facer que a vida sexa mellor.

Vídeo

Representación no Auditorio de Cangas no ano 2023.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Suspéndese a Función

Presentación Teatro Aberto