Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

Presentación Teatro Aberto

Imaxe
  Teatro ABERTO xorde dun proxecto presentado á Dirección da Escola de Adultos do IES de Rodeira de Cangas por Xoán Carlos Riobó e Antón Lamapereira durante o curso 2016-2017. Chamámoslle Teatro "Aberto" porque o grupo non está pechado en canto as súas temáticas e porque desexamos a colaboración doutras persoas que poidan integrarse nas diferentes tarefas  que esixen unha produción teatral de carácter afeccionado.