Publicacións

Mulleres da mar tendida

Imaxe
 Sinopse   O título da nosa obra é: “ Mulleres da mar tendida.”   Que contamos nela? Retrincos da vida de Rosa, unha nena   que nace na primavera de 1929…. Na súa memoria están os anos da República, da Guerra Civil, da presión social, o traballo das mulleres durante boa parte do século XX. Mais: Todo cambia…. Baseada nos seguintes   textos: -         “Mulleres da mar tendida” . Diferentes testemuños de mulleres- e algún home- que traballaron nas fábricas de conservas. Traballo de campo realizado pola Asociación Cultural a CEPA. -         “Casa dormida” de Xosé María Álvarez Cáccamo. Cadernos da Escola Dramática Galega.Nº 69. -         “Cartas de republicanos galegos condenados a morte” (1936-1948) Xesús Alonso Montero. Edicións Xerais. Fragmento ANTÓN: Levantamento militar. CRIS: Chamada a filas. PILAR M: Están buscando nas casas... Vídeo Repre...

Suspéndese a Función

Imaxe
 Sinopse Os traballadores do teatro están tranquilamente traballando no seu cando chega a directora coa súa prima de Zamora e pouco a pouco comeza o caos. ¿Poderán sobrevivir os tramoistas a esta nova aventura que se lles presenta por diante? Fragmento MARÍA (A prima de Zamora): Ejem! Esto... ¿Podría alguien explicarme qué demonios estáis haciendo aquí? ¿No vendríais por casualidad a ver una obra de teatro, verdad? Lo lamentamos mucho, pero la función que habéis venido a ver está prevista para mañana, no para hoy. En el programa de mano lo dice bien clarito: la compañía teatral Teatro Aberto actuará en esta sala el martes a las ocho de la tarde. Vídeo Representación no Auditorio de Cangas o 26 de maio de 2026 polo Ciclo de Teatro Amador do Morrazo (CITEAMOR).

Actividades desenvolvidas por Teatro Aberto

  Actividades desenvolvidas por Teatro Aberto. Desde a súa creación en 2016   ademais dos ensaios leváronse adiante as seguintes representacións. 2017 Estrea de “Mulleres da mar tendida” Instituto de Rodeira. Cangas. Lectura dramatizada 28 de Agosto. Mártires de Anguieiro. 2018 Participación no IX Ciclo de Teatro Amador do Morrazo ( Citeamor. Auditorio Municipal de Cangas 10 abril ) . 2019 Participación na XXIII Mostra de Teatro Secundario do Morrazo ( Motesmo ) IES As Barxas 26 de abril . Representación para alumnado de Bacharelato. 2 sesións. IES Rodeira. 17 decembro . Participación na XXXVI MITCFC. Revoltallo en Pedra. Lectura de poetas do Morrazo. Alameda Vella. Palco da Música 1 de xullo . Mostra de traballo A Cea de Noiteboa de Creación Colectiva. Sala Multiusos IES Rodeira. 19 xuño. 2021 Performance “Nada” sobre a Covid. Sala de Exposicións do Auditorio. Revoltallo da XXXVIII   Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ...

A trenza dos feitos amargos

Imaxe
Sinopse Teatro Aberto propúxolle á periodista canguesa Asun Bernárdez a escrita dun texto dramático que integrase algunhas escenas do seu libro L ola, filla de Cangas , inspirado nas gravacións dunha entrevista realizada por unha traballadora do Centro de Documentación de Historia Local de Cangas a Lola Rodal Blanco, muller de familia mariñeira e sindicalista que lembra cómo era a vida durante a súa infancia e xuventude. Esta testemuña está depositada actualmetne no Museo do Pobo galego. Recibido o texto, Teatro Aberto foille dando forma ata compoñer unha obra de teatro documento. O espectáculo relata cronoloxicamente os feitos máis importantes que aconteceron en Cangas do Morrazo durante a Segunda República e o comenzo da Guerra Civil (1931-36).  En paralelo, o espectáculo vai ilustrando con fotografías e gravacións dalgúns dos acontecementos máis relevantes dese periodo a nivel nacional. A Trenza dos Feitos Amargos peitea a vida dunha familia humilde da Cangas mariñeira, mais os ...

Presentación Teatro Aberto

Imaxe
  Teatro ABERTO xorde dun proxecto presentado á Dirección da Escola de Adultos do IES de Rodeira de Cangas por Xoán Carlos Riobó e Antón Lamapereira durante o curso 2016-2017. Chamámoslle Teatro "Aberto" porque o grupo non está pechado en canto as súas temáticas e porque desexamos a colaboración doutras persoas que poidan integrarse nas diferentes tarefas  que esixen unha produción teatral de carácter afeccionado.